Queres ser voluntario? Pensácheo? Non sabes que has de facer?
Propoñémosche 5 pasos sinxelos que te axudarán a concreta-la túa decisión. Son iso, pasos dun camiño que debes percorrer ti mesmo, conscientemente, sabendo o que fas, sabendo onde vas.
¡Oxalá te axuden estas pistas! Mándanos un e-mail para contarnos como che foi ou cal foi o teu propio e particular camiño.
Fai click en cada "verba-clave" para coñecer un pouco mais cada paso.
1. PENSA nos teus motivos, nas tuas razón para facerte voluntario Qué te move?
2. MIRA ó teu arredor. Qué necesidades, qué problemas, qué iniciativas de acción solidaria existen no teu entorno?
3. VALORA a túa disponibilidade, as tuas capacidades, os teus intereses. Qué podes facer?
4. TOMA CONTACTO coas Organizacións de Acción Voluntaria do teu entorno, infórmate, fórmate, concreta o teu compromiso. Cómo, onde, cando vas a traballar?
5. PARTICIPA, actúa, traballa no teu proxecto de acción voluntaria e na túa organización.